Estimados amigos/as e socios/as de Gálix:
Como xa sabedes, o próximo día 24 de febreiro, venres, e partindo dunha iniciativa da AELG (Asociación de escritores e escritoras en lingua galega) celébrase en todo o país o Día de Rosalía. Dende o Consello Directivo de Gálix queremos sumar a nosa Asociación a este evento, polo que vos pedimos que, ademais de difundir na medida do posible dita celebración e participar nos distintos actos de reivindicación da súa figura e obra, vos animedes tamén, a regalar ese día, un libro en galego e unha flor.
Aproveitamos para vos enviar un saúdo fraternal.
O Consello Directivo de Gálix.
No hay comentarios:
Publicar un comentario en la entrada