11.2.12

Novidades Editoriais: OQO


Jack atópase coa morte ao intuír que vai na busca da súa nai e argalla un plan para librarse dela. Con incrible astucia, Jack é capaz de atrapala dentro dun bote, mais as consecuencias disto son imprevisibles e agora que xa nada pode morrer, o que había de ser un motivo de ledicia remata por convertirse nun caos.

Jack e a morte é unha versión do conto tradicional birtánico A morte atrapada nunha noz, realizada por Tim Bowley, que percorre Europa e América enfeitizando ós lectores coas súas historias. Moi recomendable para idades entre 9 e 11 anos.