HISTORIA DE GALICIA: Da vida nas covas ás acampadas nas prazas.
Pepe Carreiro, co humor que o caracteriza, fai un percorrido polos principais fitos da historia do noso pais: Que foi primeiro, o Paleolítico ou o Neolítico? Cando comezaron as primeiras rapas das bestas? Cando se construíron os primeiros castros? Que xeneral mandou as primeiras lexións de romanos ao noroeste peninsular? Foron os vándalos, os visigodos ou os suevos os que chegaron no século V? Quen foi o primeiro rei de Galicia? Onde se asentaron os musulmáns no ano 711? Que nobre galego morreu decapitado en Mondoñedo? De onde lle vén o nome aos Séculos Escuros? De onde viñeron o millo e as patacas? Quen introduciu a industria conserveira? Con que libro comeza o Rexurdimento de Galicia? En que ano se plebiscitou o Estatuto de Autonomía redactado por Bóveda? Que sucedeu no ano 1936 e cales foron as súas consecuencias en Galicia? Como se combateu en Galicia a ditadura? Ten Galicia goberno propio? Cal é a situación actual do país?
Preguntas todas que se resolven neste libro de forma didáctica e amena, cunha linguaxe directa e dirixida á procura da súa rápida compresión por parte das galegas e galegos máis pequenos.
HISTORIA DA LINGUA GALEGA: Do latín ao acento de Burgos
Cóntase, ao longo das súas 60 páxinas ilustradas, a historia da nosa lingua. É un libro de divulgación, cun enfoque humorístico e rigoroso, que, xunto ás ilustracións a dobre páxina e a toda cor, se fai de moi doada lectura.
Estrutúrase arredor de doce períodos: 1) Que lingua falaban en Galiza antes da romanización; 2) A romanización; 3) A lingua de Galiza durante 700 anos; 4) Ao principio, lingua oral; 5) Conversión en lingua escrita; 6) A penetración do castelán; 7) Os Séculos Escuros; 8) A Ilustración; 9) O Rexurdimento; 10) O século XX; 11) A persecución no 36, e 12) A lingua galega hoxe
Recomendado de 8 anos en diante

No hay comentarios:
Publicar un comentario en la entrada